Saturday 11 de May de 2024

O Mago Antón deixa coa boca aberta a todo Ordes


O mago Antón deixou coa boca aberta ao público de Ordes. Durante todo o día o seu ‘magomóbil’ estacionou na Alameda para ofrecer o seu espectáculo no que abundaron os trucos realizados con billetes, cordas, cartas, froitas e ata cunha guillotina. Dita cita formou parte do programa de verán organizado polo Concello de Ordes ‘Unha viaxe pola cultura’. Este rematará o vindeiro xoves, 18 de agosto, co I Festival de Jazz que se celebrará na mesma Alameda ás 21 horas. Nel participarán as escolas musicais de Ordes, Muros e Boiro.